Os axentes implicados na plataforma de comercialización conxunta ‘pescadoartesanal.com‘ son:
Pescadores e mariscadores da Ría de Pontevedra
Os pescadores e mariscadores da Ría de Pontevedra son os encargados de introducir no sistema as capturas conseguidas durante a súa xornada de pesca e que unhas horas despois van comercializar a través das Lonxas. Desta forma, tanto o persoal de lonxa como os comercializadores poden coñecer con antelación á poxa de peixe e marisco a dispoñibilidade de produto que haberá nas lonxas integradas na plataforma.
Lonjas de la Ría de Pontevedra
O persoal de lonxa é o encargado de realizar a xestión tanto das capturas que se van a recepcionar durante a xornada laboral como as solicitudes de compra do produto por parte dos comercializadores adheridos á plataforma.
As lonxas integradas actualmente na plataforma son:
Comercializadores
Na plataforma de comercialización conxunta ‘pescadoartesanal.com‘ caben todo tipo de comercializadores:
- Almacenistas.
- Comerciantes polo miúdo.
- Canle HORECA: hostalaría e restauración.
Os comercializadores integrados na plataforma dispoñen de información en tempo real da dispoñibilidade de produto en todas as lonxas da Ría de Pontevedra o que lles axuda a tomar decisións de compra baseándose na utilización de datos reais e garántelles a posibilidade de realizar, a través da plataforma, compras simultáneas en diferentes lonxas sen a necesidade de desprazarse fisicamente a elas.
Ademais, ‘pescadoartesanal.com‘ ofrécelles a posibilidade de ofertar aos consumidores o “produto local” adquirido a través do sistema, é dicir, un comercializador (pescadería, restaurante, etc.) que adquira un determinado produto a través da plataforma poderá ofertalo en Internet a través do portal.
Consumidores finales
Os consumidores que utilizan a plataforma ‘pescadoartesanal.com‘ teñen a posibilidade de recibir avisos de oportunidades de compra de “produto local” capturado utilizando artes de pesca artesanais na Ría de Pontevedra. Para iso, conta cun sistema de avisos que poden configurar ao seu gusto.
Por último, o portal dispón dunha zona pública orientada a calquera usuario de internet que pretende difundir, valorizar e promocionar o ‘produto local‘ procedente da pesca artesanal e sustentable realizada nos pobos mariñeiros da Ría de Pontevedra.