pescadoartesanal.com‘ é unha plataforma web para a comercialización conxunta das capturas provenientes da pesca artesanal da ‘Ría de Pontevedra’, mediante un sistema de avisos de captura e oportunidades de comercialización de peixe e marisco ‘do día‘ (denominado ‘produto local‘).

O sistema apóiase nas notificacións de capturas de produto que pescadores e mariscadores realizan desde a súa embarcación a través do teléfono móbil utilizando a plataforma web. Desta forma, as lonxas e os comercializadores coñecen, en tempo real, toda a información das descargas de produto que se van a producir nas lonxas de baixura da Ría de Pontevedra.

Peixe artesanal‘ é unha iniciativa liderada polo ‘Grupo de Acción Costeira da Ría de Pontevedra‘  e apoiada por todas as Confrarías de Pescadores da Ría de Pontevedra:

¿Obxectivos do proxecto ‘pescadoartesanal.com’?

O principal obxectivo do proxecto é facilitar aos comercializadores poidan coñecer, antes da poxa, o peixe dispoñible para a venda nas diferentes lonxas e con iso poder facilitar a compra dun tipo de peixe nalgunha das lonxas onde se vaia a descargar,  mesmo, sen necesidade de arriscarse a visitar unha lonxa sen coñecer o produto co que se vai a atopar.

Outros obxectivos do proxecto son:

  • Mellorar a comercialización a través da unificación das forzas  da frota artesanal de baixura da Ría de Pontevedra e da centralización da información  das capturas á venda en cada lonxa.
  • Implementar unha ‘concentración de produto virtual’ que facilite a comercialización de produto artesanal a grandes comercializadores (almacenistas e empresas de distribución) garantíndolles a dispoñibilidade das cantidades demandandas.
  • Promocionar e dinamizar a pesca artesanal.
  • Ofrecer aos comercializadores unha canle de comunicación directa cos consumidores a través do cal difundir oportunidades de compra de produto ‘local’. Deste xeito un comercializador (pescadería, restaurante, etc.) que adquira un determinado produto a través da plataforma poderá ofertalo na internet a través do portal ‘pescadoartesanal.com’.
  • Ofrecer aos consumidores unha ferramenta para recibir alertas de dispoñibilidade de produto ‘local’  a través de SMS ou correo electrónico. Desta forma, os consumidores interesados en consumir peixe capturado artesanalmente e de forma sustentable serán notificados de forma automática cando un comercializador dispoña do produto.
  • Promocionar e dinamizar a pesca sustentable.