O principal obxectivo das enquisas realizadas é o de incrementar o coñecemento sobre as características que rexen a vinculación laboral das mulleres ao mundo da pesca na Ría de Pontevedra (Concellos de Sanxenxo, Poio, Marín e Bueu).
Concretamente búscase debuxar o perfil xeral das diferentes profesionais que integran o sector pesqueiro, así como de desvelar os diversos condicionantes que afectan ao desenvolvemento da súa actividade. Para elo recompiláronse datos de carácter social, económico e cultural como: idade, estado civil, perfil familiar, anos traballados, ingresos, grao de satisfacción, conciliación laboral e familiar, igualdade de xénero, etc.
Adicionalmente, outra das finalidades do estudio, é a de coñecer a situación formativa actual, determinar as carencias e necesidades existentes, e facilitar así o futuro deseño de accións didácticas para este colectivo.
Por último, o traballo pretende constatar a implicación das mulleres vinculadas á pesca nos diferentes entes organizativos e a súa representatividade en postos directivos.
Para máis detalles sobre o traballo de campo realizado descargar o informe de resultados.