O sistema de comercialización conxunta de peixe e marisco procedente da pesca artesanal na Ría de Pontevedra ‘pescadoartesanal.com‘ funciona grazas ás notificacións de capturas que pescadores, mariscadores e lonxeros realizan desde os seus ordenadores ou teléfonos móbiles a través da plataforma web, centralizando e unificando toda a información das capturas.
Desde ese momento, a información está dispoñible para:
- Persoal de lonxa.
- Comercializadores, a través:
- da plataforma web.
- de notificacións a través da aplicación móbil “pescadoartesanal.com”
Os comercializadores, en base a esta información e as cotizacións actualizadas das lonxas da Ría de Pontevedra, poden tomar as accións que consideren oportunas:
- Desplazarse á/s lonxa/s que ten o produto de interese e participar na subasta.
- Realizar á/s lonxa/s solicitudes de compra e participar na poxa a través da plataforma.
O funcionamento do sistema permite aos comercializadores, ademais, mediante a plataforma web, ofertar aos consumidores o peixe e marisco comprado na través do sistema.
O esquema de funcionamento e o fluxo de información a través de pescadoartesanal.com ‘‘ é o seguinte: