Mañá será o último día que vexamos polbo nas lonxas de Galicia, e é que esta especie ( Octopus vulgaris) entra en veda ata o 1 de xullo (45 días). Como xa comentamos nunha entrada anterior sobre o polbo, a veda axústase ao ciclo de vida da especie consiguiento unha mellor xestión do recurso, asegurando a súa continuidade e explotación máis sotenible. Durante esta …
Especies da Ría de Pontevedra: Rodaballo
Sabiades que estamos na mellor época para o consumo do rodaballo? Este peixe plano e sen escamas, tan apreciado polo seu sabor, adóitase deixar ver polas lonxas da Ría de Pontevedra abrigo nas de Portonovo e Bueu. O rodaballo ( Scophthalmus maximus) posúe un corpo plano, asimétrico e case redondo cuberto de pequenas protuberanceas óseas repartidas irregularmente. Xeralmente é de …
Especies da Ría de Pontevedra: carneiro
De entre todas as especies de bivalvos que podemos atopar nas lonxas da Ría de Pontevedra o Carneiro, Venus verrucosa, é sen dúbida o máis descoñecido a pesar de estar presente en lonxas como a de Campelo, prodecentes do marisqueo á flote. O carneiro ( Venus verrucosa) tamén coñecido como moelo ou escupiña, é un bivalvo similar ao berberecho pero …
Especies da Ría de Pontevedra: Nécora
A escaseza de polbo que se está vivindo durante esta campaña fai que, ao carecer do seu principal depredador, a nécora alague os nosos mercados e lonxas podendo atopar este crustáceo nas prazas de abastos da Ría de Pontevedra. A especie que podemos atopar nas nosas augas é a Necora puber, un crustáceo decápodo do infraorden Brachyura que posúe unha …
“Pescadería Manolo” recibe o distintivo pescadoartesanal.com
Tras a entrega dos distintivos “pescadoartesanal.com” á hostalería, moitos foron os interesados nesta iniciativa e no proxecto pescadoartesanal.com. Entre os interesados atopábase a “pescadería Manolo”, situada nas galerias azul de Pontevedra, quen quería contar co distintivo no seu establecemento. Ricardo, dono da “pescadería Manolo”, conta no seu establecemento cun excelente produto de calidade procedente das lonxas de Cambados e Portonovo …
Como comezar a utilizar pescadoartesanal.com?
“pescadoartesanal.com” é unha plataforma web para a comercialización conxunta das capturas provenientes da pesca artesanal da Ría de Pontevedra, permitindo o aumento de oportunidades de comercialización de peixe e marisco “do día” (denominado “produto local”). O sistema apóiase nas notificacións de capturas de produto que pescadores e lonjeros realizan a través do teléfono móbil utilizando a aplicación Android ou ben …
As lonxas do proxecto pescadoartesanal.com: Portonovo
Pescadoartesanal.com é un proxecto de comercialización on-line das lonxas da Ría de Pontevedra, entre as que se atopa a lonxa de Portonovo. A Confraría de pescadores “San Roque” de Portonovo é a encargada da xestión da lonxa que máis comercializa peixe azul da Ría de Pontevedra. Dada a gran importancia da lonxa de Portonovo en venda de peixe azul fresco, …
As lonxas do proxecto pescadoartesanal.com: Bueu
Pescadoartesanal.com é un proxecto de comercialización on-line das lonxas da Ría de Pontevedra, entre as que se atopa a lonxa de Bueu. A Confraría de pescadores “San Martiño” de Bueu é a encargada da xestión da lonxa contando con 136 embarcacións asociadas, que proceden dos sectores do polbo, pescados de roca (robaliza, rodaballo, salmonete, maragota, etc.), percebes, ameixas, ourizo, nécora, …