38132248_2576829879001237_4714474786367995904_o

A campaña “Non sexas pirata! Á praia vense a gozar, non saquear” loita contra o furtivismo

In Novas by Amaya0 Comments

O pasado mes de xullo, a Consellería do Mar puxo en marcha a súa campaña “non  sexas pirata! Á  praia vense a gozar,  non saquear” para loitar contra o furtivismo de bañador que cada verán retira ao redor dunha tonelada de marisco das praias.

Desde o seu inicio, a campaña comezou a percorrer os distintos areais (os de maior presencia de turistas e actividade marisqueira) para lembrar á cidadanía que a extracción de marisco sen contar con permiso é unha actividade  ilegar que non só conleva unha perda económica para o sector senón que que tamén causa un dano ambiental. Este tipo de prácticas causan un importante dano á poboación de bivalvos xa que non se respectan as tallas mínimas ademais de poder causar problemas de saúde ao consumilos sen ningún tipo de control sanitario.

Por esta motivos a Xunta de Galicia quere percorre con esta campaña 31 praias durante o mes de agosto desde a Illa de Arousa a Poio, pasando por Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Deixe o seu comentario