Tras 2 meses de veda, comeza unha nova campaña do polbo na que volveremos ver a este apreciado cefalópodo en fresco en lonxas e prazas de abastos. O luns 1 de xullo, as 167 embarcacións autorizadas para a captura de polbo na Ría de Pontevedra, sairán a faenar esperando poder capturar unha gran cantidade do tan apreciado e desexado cefalópodo, …
O rei do marisco despídese das nosas lonxas
Mañá día 22 de xuño, acaba a campaña 2018 – 2019 da centola (Maja squinado) nas provincias de Pontevedra e A Coruña e o 28 de xuño na de Lugo, polo que deixaremos de ver a este prezado marisco en lonxas e prazas de abastos ata o mes de novembro, cando acabe o período de veda. Tras o inicio da …
Pescadoartesanal.com visita a asociación de vecinos Francisco Pérez de Mogor
Desde pescadoartesanal. com estamos a levar a cabo actividades de divulgación sobre o sector pesqueiro artesanal da Ría de Pontevedra dirixidas a concellos e socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP Ría de Pontevedra). Ditas actividades consisten nunha presentación sobre o produto pesqueiro da Ría de Pontevedra, na cal se tratan temas como a …
Especies da Ría de Pontevedra: xarda
A xarda (Scomber scombrus) é un peixe de cabeza afiada cun corpo alongado de cor verdoso azulado, percorrido por liñas verticais negras e cun ventre prateado con tonalidades brancas. Presenta unhas estruturas parecidas a aletas, chamadas pínnulas nas proximidades da cola, tanto no dorso como no ventre. O seu tamaño mínimo comercial é de 20 centímetros, aínda que a cabala …