View Post

Comeza a veda do polbo

In Novas, Sin categoría by Amaya0 Comments

Mañá será o último día que vexamos polbo nas lonxas de Galicia, e é que esta especie ( Octopus  vulgaris) entra en veda ata o 1 de xullo (45 días). Como xa comentamos nunha entrada anterior sobre o polbo, a veda axústase ao ciclo de vida da especie  consiguiento unha mellor xestión do recurso, asegurando a súa continuidade e explotación máis  sotenible. Durante esta …

View Post

O ourizo de mar despídese das nosas lonxas ata outubro

In Novas by Amaya0 Comments

Desde este mes de maio ata outubro, comeza a veda do ourizo de mar polo que deixaremos de ver este delicioso produto nas nosas lonxas. Como xa comentamos nun post anterior dedicado ao ourizo de mar, este reprodúcese entre abril e setembro razón pola cal, para asegurar a continuidade da especie e o recurso pesqueiro, debe abandonar as nosas lonxas …

View Post

XXIV Festa da raia de Portonovo

In Novas by Amaya0 Comments

Esta fin de semana, 4 e 5 de maio, celébrase na lonxa de Portonovo a XXIV Festa da raia e dos Produtos do Mar de Portonovo, organizada polo Concello de Sanxenxo. Durante a fin de semana os asistentes poderán gozar dunha degustación de produtos do mar, coa raia como protagonista e asistir aos distintos showcooking. Ademais, a festa conta cunha …

View Post

Novo período de toxina na Ría de Pontevedra

In Novas by Amaya0 Comments

Esta mañá o  INTECMAR (Instituto  Tecnolóxico do Mar) decretou o peche da Ría de Pontevedra debido a toxinas  lipofílicas polo que non poderá extraerse molusco bivalvo ata que remita o período tóxico. Durante o ano pasado no noso blogue falámosvos das toxinas mariñas, as mareas vermellas, a importancia que ten o seu control e do impacto que poden causar na …

View Post

A Federación de Prazas de Abastos de Galicia ( FREPAGAL) súmase ás vendas na internet

In Novas by Amaya0 Comments

A Federación de Prazas de Abastos de Galicia (FREPAGAL) súmase á tendencia da venda a través de internet mediante unha plataforma que permite comprar os produtos que placeiros/as teñen dispoñible nos seus postos. Entrando na plataforma, que foi impulsada pola Xunta de Galicia, os consumidores teñen acceso a unha gran variedade de produtos que poderán pagar a través da web …

View Post

Peche da pesqueira da raia mosaico (Raja undulata)

In Novas by Amaya0 Comments

O pasado 5 de abril, á vista dos datos de captura da raia mosaico (Raja undulata) en augas da zona IX, a Secretaría Xeral de Pesca comunicou o peche da pesqueira. Debido a que se alcanzou o tope de captura, desde o 7 de abril non se pode capturar raia mosaico (Raja undulata) na Ría de Pontevedra e por conseguinte …

View Post

Nova campaña de promoción da plataforma “pescadoartesanal.com”

In Novas by Amaya0 Comments

Durante este ano 2019, o GALP Ría de Pontevedra xunto coas lonxas da ría (Bueu, Campelo, Portonovo e Marín) quere seguir apostando pola promoción da plataforma de venda conxunta do produto pesqueiro da Ría de Pontevedra “pescadoartesanal.com”. A tendencia actual cara ao uso comercial da internet fai que o sector pesqueiro teña que adaptarse a esta nova forma de venda, …

View Post

Felices Festas

In Novas by Amaya0 Comments

Desde  pescadoartesanal tomámonos uns días non sen antes desexarvos unhas felices festas e un próspero ano 2019. Volveremos en 2019 para seguir informando sobre a pesca artesanal da Ría de Pontevedra e as súas  especies

View Post

O peixe e a vitamina D

In Novas by Amaya0 Comments

Un recente estudo da Universidade de  Queensland (UQ) en Australia, e a Universidade de Aarhus en Dinamarca determinou que os recentemente nacidos con deficiencia de vitamina D teñen un maior risco de sufrir esquizofrenia no futuro. Este estudo,  dirixido por John  McGrath, determina que os recentemente nacidos con deficiencia de vitamina D teñen un risco dun 44 por cento maior …

View Post

O sorteo dos 1.450 fans en Facebook xa ten gañador/a

In Novas by Amaya0 Comments

O pasado mes de novembro, en Facebook lanzamos un sorteo para celebrar o chegar aos 1.450 fans na páxina do proxecto. O premio do sorteo consistía nun “kit  pescadoartesanal” (composto por bolsa, receitario, mandil e  pen  drive) e un vale de 30 euros en produto pesqueiro para gastar nunha das peixarías adheridas ao proxecto. Para participar tan só había que …