Resultado de imaxes para papardaDurante esta época do ano, aínda que se pesca todo o ano, é habitual atopar na praza de abastos e na lonxa de Bueu con este peixe azul tan pouco valorado, o  alcrique. O  alcrique ( Scomberesox  saurus) é un peixe azul de corpo alongado, coas mandíbulas longas e finas e dentes pequenos. En  Scomberesox  saurus tanto a aleta dorsal como a anal atópanse situadas na parte posterior do corpo, e detrás presenta de 5 a 7  pínnulas (pequenas espiñas). A aleta caudal ten forma  ahorquillada, con  lóbulos de tamaño desigual. A  coloración dorsal é  azulada, coa zona  ventral con brillo prateado.

É moi similar á agulla pero co corpo máis comprimido, mandíbulas máis pequenas, de menor tamaño e sen as espiñas verdes.Unha maneira sinxela de distinguirlo da agulla é polas  pínnulas que presenta.

Resultado de imaxes para Scomberesox saurus

Para poder ser pescado e comercializado, o  alcrique ten que ter unha talla mínima de 18cm, podendo chegar a medir os machos ata 50 cm.

En mar aberto o  alcrique forma  cardúmenes de certa importancia polo que se pesca con artes de cerco, especialmente cando se achega á costa a finais do verán e comezos do outono. Así mesmo, captúrase como especie accidental nos barcos dedicados á sardiña.

A pesar de ser unha especie de pouco valor, o certo é que é un peixe delicioso co que se pode facer distintas preparacións como escabeches,  frituras ou guisos. Se vos animades a probalo, na praza de abastos de Bueu podedes atopar varias  pescantinas que teñen á venda  alcrique fresco capturado pola frota artesanal de Bueu.