IMG-20181127-WA0002

O rei do marisco despídese das nosas lonxas

In Novas by Amaya0 Comments

Mañá día 22 de xuño, acaba a campaña 2018 – 2019 da centola (Maja  squinado) nas provincias de Pontevedra e A Coruña e o 28 de xuño na de Lugo, polo que deixaremos de ver a este prezado marisco en lonxas e prazas de abastos ata o mes de novembro, cando acabe o período de veda.

Tras o inicio da campaña o pasado 12 de novembro de 2018, poxáronse nas lonxas da Ría de Pontevedra (Bueu, Campelo, Marín e Portonovo) un total de 22.631,63 Kg de centola, sendo a de Bueu a lonxa con maior cantidade poxada (51% das capturas) seguida da lonxa de Portonovo (32% das capturas).

cantidad
En  cuano á evolución dos prezos é a lonxa de Portonovo a que alcanzou un maior prezo medio de 12,03 € seguida da lonxa de Campelo con 11,40 € a pesar de non ser as lonxas con maior cantidade do prezado crustáceo poxada.
precios
Se nos fixamos no prezo mínimo e máximo, non hai grandes diferenzas entre as lonxas de Portonovo e Bueu a pesar de ser nesta última onde se poxaron 4.140,13 Kg máis.
Tras o fin da campaña na Ría de Pontevedra as lonxas recadaron un total de 247.593,31 €
Co verán deixamos de ver centola nas nosas prazas de abastos pero comezamos a mellor época do ano para consumir peixe azul.

Deixe o seu comentario