21371013_1853568277993749_3735666837421534436_n

Pescadoartesanal.com visita a asociación de vecinos Francisco Pérez de Mogor

In Novas by Amaya0 Comments

Desde  pescadoartesanal. com estamos a levar a cabo actividades de divulgación sobre o sector pesqueiro artesanal da Ría de Pontevedra dirixidas a  concellos e socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP Ría de Pontevedra).

Ditas actividades consisten nunha presentación sobre o produto pesqueiro da Ría de Pontevedra, na cal se tratan temas como a distinción de especies, tallas mínimas, trazabilidade, índices de frescura, etc e nunha visita guiada a unha praza de abastos situada dentro do territorio do GALP Ría de Pontevedra.

Esta semana foi a quenda da Asociación de veciños Francisco Pérez de Mogor os cales, o pasado martes 12 de xuño, gozaron dunha  chara sobre o produto pesqueiro artesanal que chega diariamente ás lonxas da Ría de Pontevedra grazas á cal os asistentes puideron aprender a distinguir varias especies (ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa babosa,  pargo,  choupa, etc) e a sobre a información que ofrece a etiquetaxe e a súa importancia. Ademais esta actividade serviu para dar a coñecer entre os consumidores os distintivos ” pescadoartesanal. com” e a información que  puden atopar a través da páxina web.

A próxima semana, o venres 21 de xuño, levará a cabo a actividade no Ateneo Santa Cecilia (destinada aos seus asociados) e na praza de abastos de Pontevedra, a cal está aberta a todo o público.

 

cartel

diptico

Deixe o seu comentario