IMG-20180703-WA0013

Especies da Ría de Pontevedra: xarda

In Novas by Amaya0 Comments

A xarda (Scomber  scombrus) é un peixe de cabeza afiada cun corpo alongado de cor verdoso azulado, percorrido por liñas verticais negras e cun ventre prateado con tonalidades brancas. Presenta unhas estruturas parecidas a aletas, chamadas  pínnulas nas proximidades da cola, tanto no dorso como no ventre.

Resultado de imagen de scomber scombrus

O seu tamaño mínimo comercial é de 20 centímetros, aínda que a cabala pode chegar a medir ata 50 centímetros.

A xarda é un peixe  gregario que emprende longas migracións, polo que a finais da primavera achégase á costa en grandes bancos entrando nas rías, nadando a medias augas e no inverno regresa a augas máis profundas duns 170  m de profundidade.

De mozos son  omnívoras e aliméntase de detritos orgánicos e de refugallos que atopan nas costas habitadas polos humanos. De adultas vólvense depredadoras e aliméntanse de crustáceos, moluscos, sardiñas, e  arenques.

Resultado de imagen de scomber scombrusEn canto á súa reprodución esta ten lugar na primavera na cal as femias  desovan durante a primaveira, entre 8 e 10 veces, podendo chegar a poñer entre 200.000 e 400.000 ovos, que  eclosionan aos poucos días. Concluída a posta, as cabalas adultas dispérsanse pola superficie do mar en busca de alimento para repoñer a enerxía perdida, atacando, en ocasións aos bancos de sardiñas e anchoas.

É uns dos peixes máis populares da rexión atlántica e foi un peixe desde a  antiguedad. A súa carne é francamente boa, e ao forno ou á grella aínda que tamén é moi común atopala en conserva.

Para capturala, os pescadores artesanais utilizan o cerco, a liña e o  enmalle.

Deixe o seu comentario