O pasado luns día 27 de maio, nas oficinas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP – RP), tivo lugar a mesa de traballo «pescadoartesanal.com».

Dita mesa reuniu a representantes das 3 lonxas que participan activamente no proxecto cun obxectivo común, darlle un novo enfoque á plataforma «pescadoartesanal.com».

Durante a reunión traballouse, xunto co apoio informático, a mellora da experiencia do usuario profesional facilitando a participación nas poxas de maneira remota e a toma de decisións comerciais.

O traballo da devandita reunión servirá para implementar melloras que, xunto cun servizo de transporte, faciliten a comercialización do produto pesqueiro artesanal das lonxas da Ría de Pontevedra a través de internet.

DSC_0392_peq