Mañá será o último día que vexamos polbo nas lonxas de Galicia, e é que esta especie ( Octopus  vulgaris) entra en veda ata o 1 de xullo (45 días). Como xa comentamos nunha entrada anterior sobre o polbo, a veda axústase ao ciclo de vida da especie  consiguiento unha mellor xestión do recurso, asegurando a súa continuidade e explotación máis  sotenible.

Durante esta última campaña do polbo, as lonxas da Ría de Pontevedra venderon un total de 69.575,15 Kg, sendo a lonxa de Bueu a de maior venda, e recadando 591.202,3 euros.

Despedímonos do polbo ata o próximo 1 de xullo co comezo da nova campaña, pero durante os 45 días que dura a veda poderemos atopar polbo galego conxelado no mercado.