xxiv-festa-da-raia-e-produtos-do-mar-de-portonovo-sanxenxo_img1927n1t0

XXIV Festa da raia de Portonovo

In Novas by Amaya0 Comments

Esta fin de semana, 4 e 5 de maio, celébrase na lonxa de Portonovo a XXIV Festa da raia e dos Produtos do Mar de Portonovo, organizada polo Concello de Sanxenxo.

Durante a fin de semana os asistentes poderán gozar dunha degustación de produtos do mar, coa raia como protagonista e asistir aos distintos showcooking. Ademais, a festa conta cunha zona de exposición sobre as maquetas da vila de Portonovo e de embarcacións, así como mostras fotográficas sobre o mundo mariñeiro local e sobre a última dorna xeiteira da vila.

A lonxa centraliza as degustacións, así como exposicións, xogos e talleres, pero a praia tamén é escenario de actos complementarios, como a RaiaRace, unha “ minigladiator” organizada polo Club Ciclista Corbelo e Crossfit Celtic Box Sanxenxo.

 

xxiv-festa-da-raia-e-produtos-do-mar-de-portonovo-sanxenxo_img1927n2t0 xxiv-festa-da-raia-e-produtos-do-mar-de-portonovo-sanxenxo_img1927n3t0

Deixe o seu comentario