abastos-330x221

A Federación de Prazas de Abastos de Galicia ( FREPAGAL) súmase ás vendas na internet

In Novas by Amaya0 Comments

A Federación de Prazas de Abastos de Galicia (FREPAGAL) súmase á tendencia da venda a través de internet mediante unha plataforma que permite comprar os produtos que placeiros/as teñen dispoñible nos seus postos.

Entrando na plataforma, que foi impulsada pola Xunta de Galicia, os consumidores teñen acceso a unha gran variedade de produtos que poderán pagar a través da web e recibir na súa casa en menos de 24 h.

Dentro desta nova plataforma xa podemos atopar a Ángeles,  pescantina que conta co distintivo “pescadoartesanal.com” aínda que esperamos que moitas das  pescantinas adheridas ao proxecto comecen a empregar este método de venda.

Xa non hai escusa para realizar as compras na praza de abastos.

Deixe o seu comentario