Nos últimos anos, o sector pesqueiro ha experimentado unha baixada no interese dos mozos polo traballo no mundo do mar, chegando mesmo a ter que deixar en porto embarcacións por falta de persoal.

Ante a demanda do sector pesqueiro de mozos traballadores, o GALP Ría de Pontevedra puxo en marcha o seu proxecto “ Remuda  xeracional” co cal fomenta o emprego relacionado co mar (tanto directa como indirectamente). Para iso percorre os centros de ensino do seu territorio informando aos/as mozos/as sobre as posibilidades laborais que ofrece o mar e o camiño para seguir para obter as titulacións necesarias.

Durante as charlas tamén se informa aos/as estudantes sobre o GALP e as posibilidades de financiamento de proxectos relacionados co mar e o crecemento económico das zonas costeiras, fomentando o emprendemento.

Ademais das charlas informativas, para poder vivir de primeira man o sector pesqueiro da Ría de Pontevedra, os/as mozos/as participan en visitas a lonxas, empresas de transformación e institutos marítimos e de formación. Desta maneira os/as participantes poderán coñecer mellor o día a día dos/as traballadores/as e coñecer as súas impresións e experiencias no mundo do mar.

Como parte do proxecto, o GALP Ría de Pontevedra publicou unha guía que recolle todas as saídas profesionais vinculadas ao mar así como as distintas titulacións, saídas e centros de estudo.

Desde “pescadoartesanal. com” apoiamos este tipo de iniciativas que dan a coñecer os traballos do mar poñendo en valor o sector pesqueiro, animando aos/as xóvenes a ter en consideración o mar como unha opción de futuro.