Co obxectivo de informar o consumidor sobre as distintas especies procedentes da pesca artesanal da Ría de Pontevedra que se poden atopar nos mercados, “ pescadoartesanal. com” realizou un dossier no cal se dá información sobre as características de cada especie, talla mínima, artes de pesca empregadas para a súa captura, épocas de  consumo, valor nutricional e posibles formas de preparación.

Devandito dossier pode descargarse a través da seguinte ligazón ou ser consultado desde a pestana “Documentación” da web.

Con esta publicación,  pescadoartesanal aposta pola dinamización do produto procedente da pesca costeira artesanal da Ría de Pontevedra e a información ao consumidor.

Compartimos tamén o vídeo realizado a semana pasada sobre as distintas artes de pesca artesanais: