O pasado fin de semana celebrouse na lonxa de Portonovo a I Festa da empanada mariñeira, impulsada pola confraría de pescadores “San Roque” e o Club de piragüismo de Portonovo.

Esta festa, centrada na posta en valor de l a empanada mariñeira como símbolo de identidade galega, contou coa presenza de “ pescadoartesanal. com” na caseta do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra (GALP – RP).

Durante todo o fin de semana os asistentes puidéronse informar na caseta do GALP – RP sobre o proxecto de comercialización conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra “ pescadoartesanal. com”, o cal espertou un gran interese entre os asistentes que sinalaron a gran importancia de poñer en valor e identificar o produto pesqueiro e marisqueiro local.

Ademais das celebracións propias dunha festa gastronómica ( showcookings, concursos de cociña, degustacións…) na tarde do domingo realizouse unha homenaxe a Jose Antonio Gómez Castro, patrón en funcións da confraría de pescadores “San Roque” de Portonovo, que abandonará o cargo tras mais de vinte anos á fronte da devandita confraría.