Este fin de semana celébrase na lonxa de  Portonovo a I Festa da empanada, impulsada pola confraría de pescadores «San Roque» e o Club de piragüismo.

Esta festa, centrada na posta en valor da empanada mariñeira como símbolo de  identidade galega, contará en todas as súas elaboracións con produtos certificados «Peixarías, de  onde se  non?» para garantir a procedencia galega do produto pesqueiro (polbo, navallas, percebes,  xoubas, raia, congro,  zamburiñas, berberechos, xarda…).

Ademais para apoiar a iniciativa e informar sobre o proxecto de cooperación «ruta dos faros», a nova convocatoria de axudas a proxectos 2019 e sobre o proxecto de venda conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra » pescadoartesanal. com», o GALP Ría de Pontevedra contará cunha caseta informativa.

Como parte da festa celebraranse  showcookings, un concurso de empanadas, reunións de canción mariñeira e ata unha competición de piragüismo para as categorías  benjamín, alevín e infantil que completan un programa que arrincará ás 13:00 horas do sábado.