O pasado domingo 23 de setembro, a concellería de Promoción económica do  concello de Bueu coa colaboración de Fecimo, comerciantes locais, a Asociación de produtores mexilloeiros e a Asociación veciñal da Banda  do Río, celebrou un mercado mariñeiro no cal » pescadoartesanal. com» estivo presente.

Esta experiencia creada para promover a parte produtiva, cultural e de servizos vinculada ao mundo do mar, contou coa presenza do GALP Ría de Pontevedra e o seu proxecto » pescadoartesanal. com». Durante toda a xornada do domingo, informouse os asistentes sobre as axudas a proxectos, sobre o proxecto » pescadoartesanal. com» e a importancia da pesca costeira artesanal.

Ademais, o mercado contou con actividades complementarias relacionadas co mundo do mar como charlas, catas, documentais e para os máis pequenos, contacontos.