IMG-20180712-WA0007

A Lonxa de Portonovo estrea a ecoetiqueta “Pescaenverde”

In Novas by Amaya0 Comments

O pasado mércores 11 de xullo, a  ecotiequeta ” Pescaenverde”, desenvolvida polo equipo de investigación  Biogrup da Universidade de Santiago de Compostela, foi presentada na lonxa de  Portonovo.

Durante anos de investigación, o  Biogrup estivo a traballar no cálculo das emisións de dióxido de carbono da pescaIMG-20180712-WA0013 artesanal. Froito da devandita investigación creouse ” Pescaenverde”, unha  ecoetiqueta que achega información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medio ambiente, a través de dous indicadores: a pegada de carbono (a totalidade de gases de efecto invernadoiro ( GEI) emitidos por efecto directo ou indirecto dun individuo, organización, evento ou produto) e a taxa de retorno enerxética- TRE ( cociente da cantidade de enerxía total que é capaz de producir unha fonte de enerxía e a cantidade de enerxía que é necesario empregar ou achegar para explotar ese recurso enerxético). Ademais, esta iniciativa incorpora un software que pode calcular a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética do sector pesqueiro.

 

IMG-20180712-WA0007Dicha  ecoetiqueta incorpórase aos produtos certificados polo selo de calidade Peixarías, creado pola Xunta. No acto de presentación, que contou coa presenza da conselleira  do mar Rosa Quintana, púidose presenciar a primeira expedición dunha etiqueta de lonxa co  logo de  Pescaenverde xunto co de Peixarías.

Para poder obter a  ecoetiqueta o armador ou a empresa de distribución na lonxa que estean interesados deberán solicitalo á USC e indicar para que especie quérese obter a  ecoetiqueta. Ademais, deberán presentar un informe onde se faga o cálculo da emisión de carbono e o retorno enerxético das súas actividades. Este informe será revisado por un consultor rexistrado que verificará os datos. Logo será enviado á USC para que analice e verifique o cumprimento dos requisitos ecolóxicos e emita así dita etiqueta por un prazo de 3 anos.

 

Deixe o seu comentario