Co inicio do mes de xuño comeza unha nova etapa de promoción do distintivo » pescadoartesanal. com», outorgado a aqueles restaurantes que contan con produto procedente das lonxas da Ría de Pontevedra.

Desde hoxe peixe artesanal conta cun restaurante máis e é que o restaurante «Mesón Miro», situado en  Portonovo, acaba de recibir o distintivo que pon de manifesto o seu apoio á pesca artesanal e ao comercio local.

Con esta nova incorporación xa son 22 os restaurantes que contan con distintivo (Listaxe e información de contacto aquí).