Este fin de semana, 28 e 29 de abril, celébrase na lonxa de Portonovo a XXIII Festa da raia e dos Produtos do Mar de Portonovo, organizada polo Concello de Sanxenxo.

Durante o fin de semana os asistentes poderán gozar dunha degustación de produtos do mar, coa raia como protagonista e asistir aos distintos showcooking. Ademais, a festa conta cunha zona de exposición na que se poderán observar maquetas de embarcacións e fotografías antigas da vila mariñeira de Portonovo.