A defensa do produto local e a posta en valor do produto pesqueiro é un dos principais obxectivos do sector pesqueiro do mesmo xeito que de “ pescadoartesanal. com”, polo que neste artigo informarémosvos sobre a importancia da etiquetaxe e a información que nos brinda.
Unha vez o peixe e/ou marisco chega ás lonxas emítese a etiqueta con toda a información sobre o produto: etiquetado_peq
  1. Zona de captura: especifica a zona da que procede o peixe, correspondendo a subzona CEIM IX – Á as augas ibéricas desde Finisterre ata o Golfo de Cádiz. Nalgúns casos (como no da fotografía) se especifíca a zona de Galicia á que pertence, “Zona II Pontevedra”.
  2. Información do expedidor: datos de contacto
  3. Nomee común e científico da especie
  4. Peso
  5. Método de produción e presentación: especifica se o produto é salvaxe (capturado) ou de acuicultura (criado) e se se presenta enteiro ou eviscerado.
  6. Datos do buque e a arte de pesca: neste apartado infórmanos sobre o nome e/ou matrícula do barco que realizou a captura así como a arte de pesca empregado (nasa e trampas, enmalle, cerco…)
  7. Data de captura e expedición da etiqueta
  8. Marca Peixarías e código de trazabilidade: Se a lonxa conta coa marca de calidade da Consellería do Mar “Peixarías, de onde se non?” o seu logo aparecerá na etiqueta do produto así como o código de trazabilidad (Se posúes un produto “Peixarías” podes consultar a súa trazabilidade aquí)
A etiquetaxe xunto cos indicadores de frescura (dos cales xa vos falamos nun artigo anterior) axudarannos na elección do peixe e/ou marisco asegurando que a nosa cesta da compra conta con produto local fresco e de calidade.