O pasado luns 12 de marzo, na sede de ARVI (Armadores de Vigo) tivo lugar a Reunión do Grupo de Traballo Técnico de Comcercialización da PTEPA (Plataforma Tecnolóxica Española da Pesca e a Acuicultura) na cal o proxecto “ pescadoartesanal. com” foi presentado como un dos proxectos innovadores de comercialización de produto pesqueiro.
Dita reunión tenia como obxectivo a presentación da actualización do Plan Estratéxico de Innovación para a pesca e a acuicultura ( PEI) na área de comercialización, cun espazo dedicado a proxectos innovadores en comercialización entre os cales se presentaron iniciativas como o “Vigo Sexa Fest”, “ Scanisakis”, “ SeaFood tomorrow” e “ pescadoartesanal. com”. Ademas dos proxectos innovadores, a reunión trato temas como as oportunidades de finfanciación para proxectos de comercialización de produtos pesqueiros e acuícolas (presentación realizada por D. Pedro Prado, Xefe de Área, División de coordinación, avaliación e seguimento científico- técnico da Axencia Estatal de Investigación) ou as tendencias na comercialización de produtos pesqueiros e acuícolas (presentación realizada por Dna. Mª Luisa Álvarez, directora xerente de FEDEPESCA)
A presentación de Peixe Artesanal xerou gran interese entre os asistentes xa que se trata dun proxecto adaptado á tendencia actual ao comercio electrónico que permite ao sector a mellora da comercialización mediante o uso das novas tecnoloxías. Desde Peixe Artesanal agradecemos á PTEPA e a Saec data a oportunidade de dar a concer o proxecto entre o grupo técnico de comercialización.
29132969_2065039093513332_7858515506287906511_n 29136894_2065039173513324_6246573187945654532_n 29178721_2065039276846647_776582391566067912_n 29133245_2065039213513320_1518284586566853563_n