Co novo ano, o GALP Ría de Pontevedra xunto coas lonxas da ría (Bueu, Campelo, Portonovo e Marín) quere dar un novo empuxe á promoción da súa plataforma de venda conxunta “ pescadoartesanal. com”.
A tendencia actual cara ao uso comercial da internet fai que o sector pesqueiro teña que adaptarse a esta nova forma de venda, polo que a promoción da plataforma de venda conxunta, “ pescadoartesanal. com”, é unha das prioridades do sector pesqueiro da Ría de Pontevedra. O obxectivo principal do proxecto é a mellora da comercialización das lonxas e a posta en valor do produto pesqueiro artesanal. Ademais o consumidor reclama cada vez máis o produto local e de tempada, polo que se seguirá traballando en identificar os restaurantes e as peixarías que conten co produto pesqueiro artesanal das lonxas da Ría de Pontevedra mediante o uso dos distintivos “ pescadoartesanal. com”.
Para alcanzar estes obxectivos, as lonxas contarán cunha asistencia técnica que lles axude e asesore no uso da plataforma profesional de venda, promocione o uso da mesma entre os clientes potenciais e promova a posta en valor do produto pesqueiro artesanal das lonxas da Ría de Pontevedra a través do uso do distintivo “ pescadoartesanal. com”.