O próximo 12 de novembro, a centolla (Maja squinado) volverá ás lonxas e mercados da Ría de Pontevedra.

Tras un período de veda de cinco meses, durante os cales a centolla reproduciuse asegurando a continuidade do recurso pesqueiro, a frota artesanal da Ría de Pontevedra utilizará nasas e artes de enmalle como o trasmallo e o miño para volver capturar tan prezado crustáceo decápodo. Por tanto, dentro de 15 días poderémolo atopar nas lonxas de Bueu, Campelo, Marín e Portonovo.

Á hora de comprar centolla para saber se está chea debemos fixarnos en:

  1. O peso: se collemos unha peza grande e pesa pouco saberemos que está baleira ou ben se a collemos e soa coma se estivese chea de auga tamén saberemos que está baleira.
  2. As uñas deben ser firmes.
  3. Unión das patas ao caparazón: no caso das femias esta debe de ser firme.

Para saber máis sobre a bioloxía deste crustáceo podedes entrar na nosa sección «Especies da Ría de Pontevedra»

Deixámosvos este vídeo sobre a captura e venda da centolla na lonxa do Grove: