A escaseza de polbo que se está vivindo durante esta campaña fai que, ao carecer do seu principal depredador, a nécora alague os nosos mercados e lonxas podendo atopar este crustáceo nas prazas de abastos da Ría de Pontevedra.

A especie que podemos atopar nas nosas augas é a Necora puber, un crustáceo decápodo do infraorden Brachyura que posúe unha cuncha en forma hexagonal de cor marrón parduzco e atercipelado con cinco dentes curvados a cada lado do bordo frontal. Presenta 5 pares de patas, co primeiro par terminado en pinzas e o último par modificado en forma de «pas».

Resultado de imagen de necora puber

Habita fondos pouco profundos, ata os 70 m, en áreas con rocas e tamén en zonas arcillosas, como poden ser os polígonos de bateas. Ten actividade nocturna e pasa o día escondida entre rocas e algas (laminarias) aínda que tamén se pode enterrar na area. En canto á súa alimentación esta é omnívora alimentándose de algas, substancias orgánicas e restos en estado de descomposición aínda que en ocasións mostra canibalismo.

Ao tratarse dun crustáceo, o crecemento da nécora realízase mediante a muda da súa exoesqueleto sendo vulnerable, do mesmo xeito que o resto de crustáceos (como lagosta, bogavante, etc) durante o período de muda.

Presenta os dous sexos separados,  polo que tras a cópula prodúcese a desova nos meses de inverno e primavera (sobre todo de xaneiro a marzo), chegando a producir uns 200.000 ovos nunha soa posta.

En canto á súa captura esta realízase polas noites con nasas e, en menor medida, con trasmallo ou bou de vara. Hai que ter en conta que está suxeita ás vedas (desde xaneiro a xuño) e que está rigorosamente prohibida a captura e venda de nécoras con ovos.